Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A Catedral de Ourense acolleu a cerimonia do Lavatorio dos Pés presidida polo bispo

A Semana Santa abriu hoxe, 13 de abril, en Ourense coa misa solemne “In Cena Domini” e os Lavatorios de Pés. Esta celebración consiste en lavar os pés a 12 persoas para lembrar a lección de humildade que lle deu Xesús aos apóstolos na Última Cea. Estes actos celebráronse na Catedral de Ourense, que se encheu de fieis para escoitar a misa. O obxectivo deste día e celebrar unha misa conmemorativa da Última Cea, cando Xesucristo despediuse dos apóstolos.

O acto estivo presidido polo bispo da Diocese ourensá, monseñor Leonardo Lemos, que foi o que lavou os pés aos 12 feligreses e, tras iso, fixeron unha procesión polo interior da Catedral, co bispo baixo palio suxeito por devanditas persoas ás que se lle lavaron os pés.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button