DeportesÚltima hora

Catro etapas ourensás na Volta a España 2016

A provincia acollerá saídas e chegadas de etapa e tamén o acto de presentación dos equipos
Acto de presentación en Castrelo de Miño.
Acto de presentación en Castrelo de Miño.

Ourense será un dos referentes da Volta a España 2016. Nesta provincia desputaranse catro etapas que terán como puntos de saída ou chegada os concellos de Cenlle, Arnoia, Nogueira de Ramuín, Castrelo de Miño e a capital ourensá. A provincia ourensá convértese así na de máis relevancia nos 72 anos de historia da “Vuelta” e na que tamén se realizará o acto de presentación dos equipos, tal e como se poñía de manifesto na presentación desta proba deportiva, que tiña lugar na mañá do 1 de decembro en Castrelo de Miño.

Este acto contaba coa participación, ademais da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, do director da Volta, Javier Guillén; do presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín; e do subcampión da copa do mundo de BTT, entre outros.

A directora de Turismo de Galicia anunciaba que o próximo 9 de xaneiro celebrarase a presentación de La Vuelta 2016 en Santiago de Compostela onde se dará a coñecer cada etapa e se desvelarán as cidades e vilas galegas que serán percorridas polo pelotón nesta nova edición.

“Esta edición poderase chamar a “Vuelta Termal”, pola importancia que terá o termalismo nas etapas ourensás, ao que se une a riqueza monumental e paisaxística e vitivinícola da nosa provincia”, destacaba o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Artigos relacionados

Back to top button