
Sobresaínte actuación dos atletas das Escolas Deportivas de Trives, que adestra Tino Sierra, na final provincial de atletismo en pista Xogade, celebrada nste 16 de maio nas pistas de atletismo Monterrei, no Pereiro de Aguiar.
Os resultados máis destacados dos deportistas triveses, que competían coa camiseta do Club Adas Cupa do Barco, eran os seguintes:
2° Peso Sub-10 Roi González Pérez.
2° Peso. 3° disco . Ana Basalo González.
1° Peso. e 1º en Xavelina sub-14. Nicolás Eduard Lascu.
Ademais Gerard González Pérez era 4° en pelota e 2° na súa serie de 500m, mellorando a súa marca persoal.
Por outra banda, Daina González Pérez era 4° en peso e Rodrigo Prieto Fernández 5° en pelota 6° 400m mellorando a sua marca, ambos mellorando tamen a súa marca persoal. Ademais Alejandra Fernández Prieto facía unha gran carrera en 1000 m.
“Hoxe houbo un gran traballo dos nosos atletas hoxe no provincial”, resalta o adestrador Tino Sierra, que se manifesta “sempre orgulloso destes deportistas triveses, levan con orgullo o seu pobo”.
Fotos cedidas.


