
Fantástica actuación dos atletas do Sanysec – Ourense Atletismo no Campionato de España Sub18 celebrado en Castellón. Catro medallas de ouro e unha de prata amosan o potencial deste equipo ourensán, que quedou de cuarto na clasificación por clubs por postos de finalista.
Lograron medalla de ouro Aitana Capeáns en disco con 42.01 metros (mmp) e en peso con 15.38 metros, Irma Veiguela nos 1.500 con 4:29.11 (mmp) e Sabela Castelo nos 3.000 lisos con 9:50.27.
A outra medalla foi a prata de Noa López en martelo con 59.07.
