DeportesÚltima hora

Catro podios para os atletas triveses na IX Fase final da liga galega Abanca

 

A pista cuberta de Expourense acollía na pasada fin de semana a IX Fase final da Liga Abanca, que reunía na pista cuberta de Expourense a un total de 73 equipos das categorías Sub10, Sub12 e Sub14.

Entre os participantes estaban os atletas da Escola Deportiva de Trives, que coa camiseta do Club Adas do Barco, que lograban moi bos resultados a nivel  individual. Así, proclamábanse subcampións en Sub14 Alejandro Basalo (en xavelina) e Martín Rey (500 m), así como subcampións en Sub12 José Hervella (1000 m) e Marcos Basalo (500 m).

Boa actuación tamén do resto dos participantes triveses: 6°puesto en Sub10 feminino para Aitana Pérez (lonxitude), para Deva Posada (peso) e Inés Fernández (50ml). E tamén sexto posto en Sub10 masculino para Martín Rodríguez (peso) e Pablo López (50 ml).

Fotos cedidas e FAG.

Artigos relacionados

Back to top button