En portadaGalerías de fotosOurenseSemana SantaÚltima hora

Cea do Señor co lavatorio de pés, en Ourense

A celebración na catedral estivo presidida polo bispo ourensán

O Xoves Santo os actos da Semana Santa na cidade de Ourense comezaban ás 10h. co oficio de lecturas e laudes na catedral e continuaban con confesións en todas as igrexas. Pola tarde, tiña lugar a misa “In Cena Domini” nas diversas parroquias.

A celebración na catedral celebrouse ás 17h., co lavatorio de pés, e foi presidida polo bispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos. Ao seu remate dábase paso á procesión co Santísimo ao Monumento.

Co oficio de lecturas e laudes na catedral ás 10h. abríanse os actos do Venres Santo, un dos días grandes da Semana Santa ourensá. Ás 17h. podía asistirse á celebración da “Paixón do Señor” na catedral e ás 21h. partirá dende a rúa Lepanto a procesión do Santo Enterro, na que sairán este ano nove pasos.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Especial Semana Santa de O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button