ConcellosQuirogaÚltima hora

Celebración do Día das Letras Galegas en Quiroga

 

“Unha lingua é unha riqueza cultural e hoxe toca sentirnos orgullosos disto, e tócanos festexela con moito cariño, e sentirnos tamén orgullosos Xela Arias, sarriana, unha poetisa nova, progresista, vangardista nos seus plantexamentos”. Con estas palabras o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, iniciaba o acto oficial do Día das Letras Galegas neste 17 de maio na Casa do Concello.

No salón de plenos recibíase ás 13h. a representantes de colectivos culturais do municipio e o alcalde quirogués rendía tributo á autora homenaxeada nas Letras Galegas, con referencias á súa obra poética, recomendando de xeito especial o poemario “Darío a diario”, adicado ao seu único fillo.

 

 

Seguidamente facíase entrega dos agasallos aos “nosos futuros literatos, que esperamos que sexan como Xela Arias”, indicaba o alcalde referíndose aos nenos e nenas premiados no Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas, organizado pola Biblioteca Municipal de Quiroga para os nenos de 5 a 11 anos de idade.

Os autores dos traballos seleccionados foron: Iván Franco Ferrín nas modalidades de Debuxo e Narración dentro da categoría C (de 9 a 11 anos); Breixo Fernández Méndez e Valentina Aguado Sánchez na categoría A (ata 8 anos), na modalidade de debuxo. Estes traballo resultaron tamén seleccionados para a fase do concurso da biblioteca provincial.

O acto finalizaba no exterior da Casa do Concello, onde o grupo local O Recanto interpretaba varias pezas. Despois, os asistentes eran convidados a uns petiscos polo Concello.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button