ConcellosManzanedaÚltima hora

Celebración do Día Internacional da Muller en Manzaneda

 

Con actividades educativas en igualdade no CEIP Manzaneda, co lema “Sementando visibilidade recoññemos igualdade”, e coa lectura dun manifesto celebrábase onte nesta localidade o Día Internacional da Muller. A este manifesto poñíalle voz Amelia Estévez, presidenta da Asociación de Mulleres Algueirada. Ao remate servíase chocolate con bica de castañas.

 

 

A próxima actividade do 8M en Manzaneda será o próximo martes 11 de marzo cun taller para o coidado integral femenino, organizada pola Asociación de Mulleres Algueirada e o Concello de Manzaneda.

Ademais neste 8 de Marzo o Concello de Manzaneda publicaba nas súas redes sociais un vídeo para homenaxear as mulleres deste municipio de alta montaña.

Fotos e vídeo cedidos polo Concello de Manzaneda.

 

Back to top button