CulturaCulturaÚltima hora

Celebración do Samaín e II Xornadas Micolóxicas de Parada de Sil, nesta fin de semana

 

Da man da Asociación de Pais e nais Os Noviños do Sil, encabezada pola súa presidenta Leticia, esta pasada fin de semana volvían organizarse actividades en de Parada de Sil, cuxo Concello colaboraba coa organización dos dous eventos.

Así tiñan lugar as II Xornadas Micolóxicas baixo a dirección do experto Alejandro Mínguez que, nunha mañá apretada, impartía unha charla informativa no salón de actos do concello e guiaba unha saída ao monte de case dúas horas para recoller cogomelos. A continuación, os participantes regresaba ao Concello para proceder á identificación e clasificación dos exemplares recollidos para, deseguido, cociñalos e degustalos nunha actividade na que participaban 45 persoas, o que para o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, supón nunha satisfacción.

 

 

Xa pola tarde dábase paso á celebración do Samaín con decoración da praza do Curitñeiro, O Barquilleiro e desfile do terror. Esta actividade tamén contaba cunha ampla participación veciñal despois dunha preparación previa o xoves, cun taller de cabazas, tamén a cargo de Os Noviños, a quen o alcalde agradece a súa colaboración para que isto sexa posible.

Fotos cedidas.

 

 

 

Back to top button