Chandrexa de QueixaConcellosCulturaCulturaÚltima hora

Celebración veciñal en Fonteita (Chandrexa de Queixa) arredor do cine

 

Só dous veciños viven ao longo do ano en Fonteita (Chandrexa de Queixa), pero esa realidade muda no mes de agosto. De feito, esta aldea vén de acoller unha reunión popular con chocolatata e aperitivos para reunir a veciños e visitantes ao redor da convivencia e ao entretemento. Este é xa o terceiro consecutivo no que se celebra este encontro, organizado por dous veciños Yerar e Lourdes. Desta volta xuntábase 70 persoas.

Alén da tradicional chocolatada, acompañada de aperitivos, un dos aspectos que máis chamou a atención foi a proxección dunha película de cine, unha proposta diferente que permitiu desfrutar dunha tarde de lecer en compañía. Chegaba a terceira edición de “Cine de Verán Fonteita”.

 

 

A actividade foi posible grazas aos organizadores, pero tamén á colaboración dos veciños, xa que cada un achegou o seu gran de area para que todo saíse adiante. A participación e a boa disposición de todos fixeron posible crear un ambiente agradable e de convivencia.

Desde Fonteita quérese agradecer especialmente a todas as persoas que colaboraron e participaron, demostrando que, cando todos poñen un pouco da súa parte, pódense facer cousas bonitas para manter vivo o pobo e fomentar a unión entre os seus veciños.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button