A Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) organizou hoxe, 7 de xullo, un encontro cos empresarios estadounidenses que están en Ourense na misión USA-Ourense organizada pola Deputación. Neste encontro, empresarios ourensáns e estadounidenses estableceron liñas de contacto para futuros necgocios.
A anfitriona desta xuntanza foi a vicepresidenta da patronal ourensá, Marisol Nóvoa Rodríguez, quen lles explicou como funcionaba o tecido empresarial ourensán “con grandes empresas e compañías moi competitivas no mercado internacional”. A vicepresidenta tamén explicou que a CEO está a levar a cabo un programa de axuda á internacionalización das empresas socias a través do programa “ExportOU”, en colaboración coa Deputación.
Con todo, tamén lles explicaron aos seus convidados do país Norteamericano a posición xeográfica estratéxica de Ourense e Galicia, salientando a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como un dos principais eixos económicos do noroeste peninsular.