OurenseÚltima horaVídeos

“Cine vs Covid” con selo ourensán, no Kursaal Film Festival San Sebastián

O director galego Alex Capapé rodaba varios anuncios parodiando célebres filmes, un deles na cidade das Burgas

 

Con motivo do Festival de Cinema Kursaal San Sebastián, o director galego Alex Capapé gravou varios anuncios parodiando célebres películas. Entre eles, e baixo o título de “CoronaBuster”, figura un realizado na cidade de Ourense, contando con membros de “Ghostbuster Costa Oeste”.

A gravación, que tiña lugar o día 14 de agosto, desenvolvíase en escenarios como o auditorio do Liceo, a praza Bispo Cesáreo, e o Parque de San Lázaro. Os que os atoparon achegáronse a tomarse unhas fotos con eles como se fosen estrelas do celuloide.

 

 

Así, a peza “CoronaBuster”, xunto con parodias de “Furia de Titáns”, “300”, ”Indiana Jones e a arca perdida” ou ”Venres 13”; daranse cita en “Cinema vs Covid” no Kursaal Film Festival San Sebastián (KFFSS), unha cita co cinema independente de curtametraxes a nivel mundial, que se celebrará do 15 ao 30 de setembro.

 

 

As persoas interesadas en visualizar as curtametraxes do KFFSS poderán acceder por a elas online  a través da páxina web do festival www.kursaalffss.com, entre outros sitios web onde estarán dispoñibles.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button