Hoxe é un gran día para o Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa. Na mañá deste venres 19 de xuño, dous dos seus alumnos de 2º de Bacharelato, Cintia Pérez e Daniel Daga, foron hoxe recoñecidos entre os Mellores Expedientes de Galicia nas Probas de Acceso á Universidade (PAU) 2026.
Un logro que é o reflexo de esforzo, constancia e responsabilidade. “Alcanzar metas como esta é un auténtico orgullo”, aseguran dende o centro citando a Steve Jobs: “A única forma de facer un gran traballo é amar o que fas”. Sen dúbida, esforzo e paixón por aprender de Cintia e Daniel leváronos ata aquí. Noraboa!
Fotos e vídeo cedidos.

