Dentro do programa das xornadas “Creando un futuro sostible para os nosos montes”, que acolle neste 20 e 21 de xuño Manzaneda, tiña lugar esta tarde un circuíto interpretativo no que os asistentes a este encontro podía descubrir o pasado medieval desta vila, un dos seus pazos, así como unha das xoias naturais do municipio: o Monumento Natural do Souto de Rozabales.
O percorrido estivo dirixido por Enrique González, enxeñeiro agrícola do Concello de Manzaneda. “Seguimos querendo primeiro reflectir os nosos valores, agora en vez dos produtos locais de proximidade e artesanía pasamos aos valores do patrimonio cultural e natural; coas visitas guiadas polo Ben de Interese Cultutal Vila Medieval de Manzaneda e o Monumento Natural Souto de Rozabales co senlleiro castiñeiro de Pumbariños, rematando con visita guiada polo pazo de turismo rural Pazo da Pena”, aseguba González.
Ademais incidía importancia da sostibilidade, “satisfacendo as nosas necesidades sen comprometer as das xeracións futuras, no caso do rural o importante é a propia sostibilidade e compromiso de todos e cada un de nós para continuar vivos nas áreas de montaña”.
Fotos cedidas