
Rexistrábase unha avaría na traída de augas do Barco o pasado sábado, 26 de outubro, “ao descolgarse un tramo da tubaría de abastecemento que se nutre da captación de Candís. Polo momento non hai problemas de subministro e non se rexistrarán cortes no casco urbán do Barco, pero a situación sí comezou a afectar hoxe á localidade de Coedo, onde, ao quedar sin subministro, procedeuse a repartir garrafas de auga aos veciños, ao tempo que se fixeron xestións para contratar camións cisternas para o subministro de auga”, tal e como informa o Concello do Barco.
Ademais, o Concello anuncia que, a partir de mañá, “procederase a encher o depósito para abastecer a esta localidade con cisternas, a primeira das cuales estará no lugar mañá. O subministro de auga a esta poboación quedará garantido con este sistema, e repetirase o enchido do depósito por medio de cisternas todas as veces que sexa necesario, mentres duren as obras”.