
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantiña tamén esta mañá un encontro de traballo con representantes da Fundación Florencio Delgado Gurriarán, institución encargada de poñer en valor o legado do poeta valdeorrés e a cultura da comarca.
A Deputación achegou en 2024 unha subvención de 30.000 euros para poñer en marcha actividades e, de cara ao ano que vén, estúdase a colaboración para rehabilitar un edificio para a futura sede da fundación, no marco do compromiso da institución provincial coa cultura galega. Ademais, esta futura instalación, en pleno Camiño do Inverno, axudaría a incrementar a promoción deste itinerario xacobeo.
Fotos cedidas.
