ConcellosÚltima hora

Colisión entre unha furgoneta e un coche na OU-533, no cruce de Freixido (Petín)

Cedida.

 

Contra as seis e media desta tarde producíase un accidente de tráfico na OU-533 (A Rúa-A Gudiña), no km 47, no cruce de Freixido (Petín). Producíase unha colisión entre unha furgoneta e un coche, como resultado do cal resultaba ferida unha persoa, segundo informa o 112 Galicia.

 

 

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato o 061-Urxencias Sanitarias, os voluntarios da agrupación de Protección Civil de Petín, da Rúa e de Larouco, os bombeiros do parque comarcal, o GES Valdeorras e Garda Civil de Tráfico.

 

Cedida.

 

A persoa ferida era trasladada ata o hospital valdeorrés para recibir atención sanitaria.

 

Cedida.
Cedida.
Cedida.
Back to top button