EconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

Colocadores e representantes da academia francesa Le Geste D’Or visitan Pizarras Los Tres Cuñados

 

Representantes da academia francesa Le Geste D’Or e colocadores, premiados co Geste D’Or de colocación de cuberta visitaba á empresa valdeorresa de lousa Pizarras Los Tres Cuñados K08, no municipio de Carballeda de Valdeorras. Dentro da súa liña de produto, esta empresa inclúe a lousa para edificios históricos ou monumentos.

Le Geste D’Or é unha entidade coñecida polos seus concursos a nivel nacional nos cales premian o bo facer no sector da construción – rehabilitación de edificios singulares e/ou Monumentos Históricos cun só fin: identificar e explorar o valor educativo dos proxectos.

A empresa Label Toitsur foi premiada do Le CGeste D’Or 2022 pola rehabilitación da cuberta do antigo hospital Seclin no norte de Francia e neste venres compartía este premio con todo o equipo K08 como mostra de agradecemento pola súa implicación neste proxecto.

Tratouse dunha actuación que supuxo 30.000 horas con 250.000 lousas K08 para un edificio con 800 anos de historia hospitalaria.

 

Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button