OurenseÚltima hora

Alumnado do IES Chamoso Lamas do Carballiño visita a Asociación de Empresarios del Polígono de San Cibrao

 

Un grupo de 40 alumnos do IES Manuel Chamoso Lamas, do Carballiño, realizaban esta semana unha visita formativa á Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao e, posteriormente, a Inplasor Galicia, unha empresa con máis de 20 anos de experiencia no sector da inxección de plásticos e a automoción.

Durante a visita, os estudantes puideron coñecer de preto o proceso produtivo de Inplasor, que conta con 16 máquinas inxectoras capaces de fabricar máis de 100.000 pezas diarias para diversos sectores industriais. Ademais, a empresa tamén desenvolve procesos como soldadura, topografía, ensamblado e estanqueidad, ofrecendo unha visión integral da manufactura neste sector crave.

Esta actividade permitiu aos alumnos achegarse ao mundo empresarial e coñecer de primeira man o funcionamento dunha industria punteira en Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button