ConcellosO BarcoÚltima hora

Comeza a colocarse a iluminación de Nadal no Barco

 

Aínda que falta máis dun mes para as datas principais do Nadal, neste mediodía xa comezaban a instalarse as luces navideñas na vila do Barco. Os operarios empezan a colocar esta iluminación por zonas como a avenida Conde Fenosa e tamén por algún punto da zona vella, como a praza Maior, a praza Andrés de Prada ou rúa da Estación.

Fotos: O SIL.

Back to top button