
Avanzan as obras de reurbanización da rúa de San Andrés na cidade da Coruña, onde este venres 8 de novembro xa eran visibles varios dos novos exemplares de moreira de Valdeorras que está a plantar o Concello no treito comprendido entre a rúa Nova e a rúa Pórtico.
Nesta primeira quenda de traballos co arboredo plantáronse 15 moreiras, ás que seguirán máis nos vindeiros días, a medida que se vaian habilitando os espazos e alcorques necesarios para ubicalas ao longo da rúa. A alcaldesa, Inés Rey, lembraba que “a recuperación desta especie responde á intención de devolver á rúa de San Andrés á súa imaxe orixinal, a do bulevar que foi a finais do século XVIII”.
Unha das características destacadas das moreiras de Valdeorras que se están a plantar en San Andrés é que “son da variedade fruitless, o que redundará nunha maior limpeza do firme. As árbores e as barreiras vexetais actuarán tamén de elemento separador entre os espazos peonís e a plataforma central por donde pasarán os vehículos, cun carril por sentido para o tráfico rodado”, segundo o Concello.
Fotos cedidas.
