ConcellosTrivesÚltima hora

Comeza en Trives a instalación de luminarias con tecnoloxía Led

 

Neste venres daba comezo a instalación do novo alumeado que dará cobertura á vila de Trives é ao resto de núcleos de poboación deste municipio. Trátase de actuacións subvencionadas ao 80% polo IDAE que suporán un aforro de centos de miles de euros ao ano.

“O Concello de Trives continúa a pór en marcha actuacións destinadas a melloras na eficiencia enerxética do municipio, que van producir un importante aforro nos gastos en enerxía do municipio. Para esta finalidade, o Goberno municipal acadou unha importante subvención do “Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía” (IDAE) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico dando resposta aos proxectos que presentamos para ese fin”, tal e como explica o goberno trivés.

 

 

A principal acción desta operación consiste na renovación total do alumeado público exterior por luminarias Led, tanto da vila como das parroquias, “que suporá unha mellora da seguridade veciñal grazas á súa maior visibilidade, así como un grande aforro enerxético que contribúe á redución de CO2. Unha importante transformación e modernización no noso municipio que xa iniciamos en distintas parroquias e que se levará a cabo nos vindeiros meses”, destacan dende o Concello.

Este tipo de axudas desenvólvese en favor do cumprimento dos obxectivos que figuran na Axenda 2030, no que a sustentabilidade e xestión intelixente de recursos se refire, de cara a acadar unha transición verde que garanta o respecto ao medio ambiente.

Dende o Concello de Trives apóstase “por seguir impulsando medidas que, ademais de garantir o respecto polo medio ambiente, tamén axuden a reducir os custes derivados do consumo eléctrico, ata o de agora excesivamente custosos e que comprometían en gran medida o presuposto municipal, polo que este aforro repercutirá tamén nunha maior posibilidade de destinar ese aforro a outro tipo de investimentos tamén moi necesarios”.

Artigos relacionados

Back to top button