Hoxe reanudouse formalmente o Camiño Escolar no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, impulsado polas concellerías de Educación e Medio Ambiente do Concello do Barco, coa colaboración do centro escolar, a súa ANPA e a Policía Local. “Esta iniciativa leva en funcionamento dende hai preto de 6 anos, con unha boa participación dos alumnos. Pretende conseguir que os nenos se sintan seguros para acudir ás clases sen necesidade de ir acompañados polos seus pais. Os escolares van en grupo, utilizando cada un a ruta máis próxima ao seu domicilio”, din dende o Concello do Barco.
O camiño escolar, dirixido a alumnos de entre 3º e 6º de primaria e sinalizado nas vías polas que transcorre con vistosos postes con aparencia de lapiseiro, conta con 3 rutas:
RUTA MORADA, con 2 participantes, que vai dende a R/ Conde de Fenosa (CENTRO SAUDE) ata o colexio.
RUTA VERMELLA, con 11 participantes, con saída do cruce das rúas Eulogio Fernández e Estación e que continúa logo por Eulogio Fernández ata R/Penas Forcadas, baixando por R/Lugo ata o colexio.
RUTA AZUL. Con 8 participantes, e que vai dende José Otero polo Paseo do Malecón e rúas Barco de Ávila e Regueiral, ata o colexio.
Son, en total 21 participantes, que poden incrementarse nas próximas semanas si hai outras familias interesadas no uso do camiño escolar.
O alumnado estaba moi ilusionados polo comezo. No colexio estaban o profesorado para recibilos e verificar que foi todo ben e sen incidencias, como farán cada día. Durante o curso farase os correspondentes seguimentos desta iniciativa.
Fotos cedidas.