CulturaCulturaÚltima hora

Comeza o proxecto arqueolóxico “Cambedo 1946” que estuda a resistencia na raia galego-portuguesa

As escavacións, dirixidas por Rui Gomes e polo galego Xurxo Ayán, están a desenvolverse na aldea lusa de Cambedo da Raia (Chaves)
Labores de escavación en Cambedo da Raia (Chaves)./ Foto cedida.

Estudar a resistencia ás ditaduras ibéricas e a solidariedade na fronteira entre Trás-os-Montes e Galicia. Con ese obxectivo vén de poñerse en marcha o proxecto de arqueoloxía contemporánea “Cambedo 1946” na aldea de Cambedo da Raia (freguesía de Vilarelho da Raia, Chaves).

En decembro de 1946 Cambedo era atacada polo exército e Garda Nacional Republicana portuguesa para pór fin a un grupo de guerrilleiros antifranquistas que estaba refuxiado alí tras a guerra civil española. Como resultado dese ataque, producíanse varias mortes e tamén persoas feridas e destruíase a casa de dona Albertina, brutalmente bombardeada, onde agora se están a levar a cabo as escavacións.

Este proxecto está dirixido por dous arqueólogos, un deles é o portugués, Rui Gomes Coelho da Universidade de Rutgers nos EEUU, e o outro o galego Xurxo Ayán. O vice-presidente da autarquía, Francisco Melo, destaca o importante traballo de investigación que se está a desenvolver tanto para a preservación do patrimonio local, como para, no futuro, dar contido a posibles accións de turismo neste espazo rural, promovendo ao mesmo tempo a conservación da memoria colectiva.

 

Outra imaxe das escavacións durante unha visita da prensa./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button