
O Ministerio de Transportes e Mobilidad Sostible vén de informar do iniciou do procedemento para expropiar as parcelas necesarias para executar as obras de mellora da permeabilidade do ferrocarril da Liña Palencia-A Coruña en O Barco de Valdeorras, e facilitar o paso de peóns e vehículos dun lado a outro da liña.
A actuación consiste, segundo o ministerio, na construción dun novo paso inferior, baixo a liña de ferrocarril convencional Palencia-A Coruña, para canalizar o tráfico de vehículos entre as rúas Rampa e Ramón e Cajal, á altura da rúa Xirimil, e o acondicionamento do paso actualmente existente entre estas vías para convertelo en paso peonil.
Reforzarase así a integración e a permeabilidade do ferrocarril ao seu paso pola localidade, mellorando a conexión entre ambos os lados da vía, o tráfico e a seguridade viaria, xa que se consegue separar o tránsito de peóns e o de vehículos.
O novo paso inferior construirase á beira do actual e terá 10 metros de lonxitude. A vía será de dous carrís de tres metros cada un con beiravías dun metro a cada lado; un total de oito metros de ancho e tres metros de altura. Se execución farase mediante o despregamento dun marco de formigón construído in situ.
O paso actualmente existente, de 10 metros de lonxitude e catro de anchura, acondicionarase xunto aos seus accesos e zonas contiguas recubríndose de beirarrúa. Desta maneira, conséguese a súa transformación en paso peonil.
A construción do novo paso inferior e o acondicionamento do existente enmárcase no convenio de colaboración existente entre Adif e o Concello do Barco de Valdeorras para a mellora da permeabilidade no municipio. O novo paso inferior súmase a outro paso inferior peonil de recente construción, situado á altura da estación de Adif do Barco.
Este proxecto afecta soamente a superficies suxeitas a ocupacións temporais. A Resolución foi publicada no Boletín Oficial do Estado o pasado 21 de abril de 2025. Nela, a Dirección Xeral do Sector Ferroviario abre Información Pública e convoca aos propietarios dos bens e dereitos afectados ao día 29 de maio de 2025 para o levantamento das actas previas.