CulturaCulturaEntroido 2021Última hora

Como despedida do Entroido os veciños de Seixalbo instalan 1 km de fibra óptica

Ademais os Mecos Paquita, Nicanor e Vicentiño foron retirados da Praza Maior, onde estiveron estes días, nesta ocasión disfrazados como homenaxe ao incansable labor do persoal sanitario

Os veciños de Seixalbo durante esta acción carnavalesca sorpresa.

 

Cun marcado toque satírico, como non podería ser doutro xeito nestas datas, os veciños de Seixalbo despedían este insólito Entroido 2021 cunha acción sorpresa: instalando máis de un quilómetro de Fibra Óptica.

“Fartos de esperar pola instalación que o concello paralizou a finais de 2016 por falta de licenza municipal, varios veciños e veciñas optaron por crear os seus propios equipos de instaladores que encheron todo o casco histórico da vila con fibra óptica de banda ancha, de colores amarelo e negro emulando a equipación do club de fútbol “Rápido de Bouzas” en alusión á velocidade que leva o despregamento desta infraestrutura na localidade”, tal e como relatan dende a Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo.

Ademais as figuras de referencia deste Entroido ourensán, os mecos Paquita, Nicanor e Vicentiño; tamén foron retiradas da Praza Maior, onde estiveron estes días, nesta ocasión disfrazados como homenaxe ao incansable labor do persoal sanitario.

 

 

Deste xeito, Seixalbo dá por finalizado o Entroido 2021, “coa esperanza de que no vindeiro ano se poida retomar unha das actividades festivas con máis arraigo na vila”.

 

Fotos: Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo.

Artigos relacionados

Back to top button