ConcellosÚltima hora

Comunicado da Fundación Valdegodos despois do apagamento do luns

A Fundación Valdegodos vén de emitir un comunicado tras o apagamento do pasado luns e que afectaba ao conxunto da Península Ibérica, o seu texto é o seguinte:

“Respecto ao apagamento sufrido en toda a península o pasado luns, a Fundación Valdegodos quere informar que a xornada se desenvolveu con total normalidade en todos os seus centros. Os edificios contaban con grupos electróxenos que funcionaron perfectamente e permitiron que a situación de emerxencia se superase sen ningún incidente.

Queremos agradecer especialmente ao persoal da Fundación o seu excelente traballo nunha situación tan especial.

Por outra banda, é importante destacar que desde o primeiro momento, e durante todo o tempo que durou o apagamento, desde a Conselleria de Política Social e Igualdade puxéronse en contacto coa nosa Fundación para ofrecer toda a axuda e asesoramento que precisásemos.

Así mesmo, ao longo da xornada do luns, membros da Garda Civil, de Protección Civil e dos concellos visitaron os centros para interesarse pola situación e ofrecer axuda en caso necesario.

Aínda que afortunadamente púidose superar a emerxencia sen axuda externa, a Fundación Valdegodos quere agradecer publicamente a súa labor de coordinación e apoio á Consellería de Política Social e Igualdade, así como ao persoal da Garda Civil, Protección Civil e concellos polo seu traballo e apoio durante a emerxencia”.

Texto: Fundación Valdegodos.

Back to top button