ConcellosO BarcoÚltima hora

Comunicado de agradecemento da familia afectada polo incendio da súa casa en Cesures (O Barco)

Imaxe da casa afectada polo incendio./ Cedida.

 

A familia afectada polo incendio na súa casa de Cesures (O Barco) vén de emitir un comunicado de agradecemento. “Despois do triste suceso acontecido a noite do pasado día 25 na miña casa familiar de Cesures na que, despois de roubar máquinas na mesma, foi incendiada, quero comunicar que no día de onte foron recuperadas máquinas da nosa propiedade e detida unha persoa”, tal e como indican no seu escrito.

Así mesmo, estes veciños resaltan “o labor dos membros do Equipo Roca da Rúa e da Garda Civil do Barco que traballaron no caso. Destacar o trato exquisito recibido en cada momento pola súa banda e o seu extraordinario traballo para, en tan breve espazo de tempo, recuperar devandito material”.

Ademais manifestan que “esperamos que agora a xustiza obre en consecuencia a todo o dano que ocasionaron tanto moral como económico e que o traballo que as Forzas da Orde realizaron, non fose en balde. Engadir o meu agradecemento e o da miña familia a todos os veciños, amigos, autoridades e moita xente de ben que nestes momentos tan duros mostráronnos o seu apoio”.

Back to top button