ConcellosQuirogaÚltima hora

Con música tradicional, premios e teatro celebra Quiroga o Día das Letras Galegas

Cedida.

 

Música, recoñecementos e teatro na celebración do Día das Letras Galegas en Quiroga. A partires das 13h. tiña lugar unha recepción na Casa Consistorial, aos distintos colectivos culturais do municipio, a quen o alcalde, Julio Álvarez, quixo agradecerlles o traballo que desenvolven ao longo de todo a prol da cultura quiroguesa. A xornada festiva, que este ano está adicada a Florencio Delgado Gurriarán, comezaba no salón de plenos coa entrega dos premios aos gañadores do Certame de narración e debuxo Letras Galegas 2022.

A continuación chegaba a música tradicional galega a cargo do grupo local O Recanto que interpretaba as portas da Casa do Concello o himno galego.

Como remate da xornada, ás oito do serán, a Casa da Cultura acollerá a representación da obra de teatro infantil “O león azul”, a cargo de Trécola teatro. Trátase dun conto dramatizado con dúas actrices, con emprego de escenografía, vestiario, atrezzo e música.

O relato conta como un león chega á vila cun circo. A súa tristura por regresar coa súa familia en África é tan inmensa que resulta contaxiosa. Unha nena decide liberalo e axudalo.
Esta actividade chega a Quiroga a través do programa “ Ler Conta Moito” da Consellería de Cultura, Educación e Universidade .

Artigos relacionados

Back to top button