OurenseÚltima hora

O Concello acondiciona o camiño que une Os Campos coa N-120

Os traballos prolongaranse até mediados do mes de agosto e contan cun orzamento de 45.533,20 euros
Estas actuacións danse a raíz unha reclamación que a veciñanza leva anos facendo.

O Concello de Ourense está a levar a cabo o acondicionamento do camiño que une o núcleo de Os Campos coa estrada N-120, en Santa Cruz de Arrabaldo.

Os traballos, que están a ser executados pola empresa Coviastet e contan cun orzamento de 45.533,20 euros, prolongaranse ata mediados do mes de agosto, segundo o prazo de execución da obra e as previsións da empresa.

O alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, comprobaron in situ o inicio destes traballos, destinados a mellorar o acceso rodado nesta parroquia rural da cidade.

“É unha satisfacción poder dar solución a unha demanda veciñal que levaban anos reclamando e que poderá mellorar significativamente a accesibilidade e movilidade no núcleo de Os Campos, en Santa Cruz de Arrabaldo”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez.

Artigos relacionados

Back to top button