Baixo o lema “N-120: Estrada en ruínas. Solucións xa!” tiña lugar ás 11h. deste sábado 28 de febreiro unha concentración no campo da festa en Canaval (Sober). Estaba convocada pola Asociación Xuntos por Lugo e o obxectivo da mesma era “esixir ao Ministerio de Transportes e ao Goberno do Estado o arranxo integral e urxente da estrada N-120, que conecta Lugo con Ourense, como fixemos tamén fixemos semanas atrás coa estrada Nacional 540”.
Entre os asistentes había alcaldes de concellos como Sober, Quiroga e San Xoán de Río, este era o único ourensán asistente.
Fotos cedidas.