OurenseÚltima hora

Concentracións silenciosas convocadas en Ourense pola Deputación e a Subdelegación en repulsa polo asasinato das Ermidas (O Bolo)

 

Esta tiñan lugar dúas concentracións na cidade de Ourense en repulsa polo asasinato dunha muller nas Ermidas (O Bolo). A primeira estaba convocada pola Deputación Provincial de Ourense para gardar un minuto de silencio en memoria da muller asasinada.

Despois, ás 13h. tiña lugar un minuto de silencio convocado pola Subdelegación do Goberno en Ourense ás 13.00 horas, en repulsa deste asasinato e de todo tipo de violencia contra as mulleres.

A ambas concentracións sumábase o Concello de Ourense.

Fotos cedidas.

 

Back to top button