ConcellosÚltima hora

Concentracións solidarias coas vítimas da DANA

Entre os puntos nos que realizaban estes actos de apoio estaba o Hospital de Valdeorras, no Barco

 

Para este mediodía de 8 de novembro estaban convocadas en diferentes centros de traballo e concellos de toda España concentracións de apoio aos afectados pola DANA baixo o lema “Solidariedade coas vítimas. Protección para as persoas damnificadas. Imos saír”.

“Ante a situación dramática que se vive en varias localidades da provincia de Valencia, así como en pobos de Albacete e outros territorios de España, o sindicalismo español quere mostrar a súa solidariedade e facer seu a dor das vítimas, persoas damnificadas e cidadanía en xeral. Tamén queremos solicitar a mobilización dos recursos necesarios, económicos, humanos e materiais, para facer fronte ás consecuencias da catástrofe, con especial atención ás condicións laborais, socioeconómicas, de vivenda e de saúde das poboacións afectada”, tal e como sinalan as organización convocantes UGT, CCOO e USC.

Fotos cedidas.

 

Back to top button