CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto do pianista trivés Fabio Álvarez o 17 de agosto na súa vila

Ademais ao día seguinte impartirá un curso de interpretación pianística

O pianista trivés Fabio Álvarez./ Foto: Vanessa Rangel.

 

Daba os seus primeiros pasos na Escola de Música de Trives, para logo formarse como pianista no Conservarorio de Ourense, na Musikene (Centro Superior de Música do País Vasco) no Grao de Interpretación e logo na Manhattan School of Music de Nova York, onde obtiña o Master of Music coa máxima cualificación e baixo a tutela de Philip Kawin. Hoxe Fabio Álvarez é un brillante pianista que segue mantendo moi vivo o seu vínculo con Trives, a terra na que naceu.

Por iso cada vez que ten oportunidade non só leva a súa música á súa vila natal, senón que tamén aposta pola pedagoxía e pola formación a través de masterclass. Así o fará, unha vez máis, o vindeiro 17 de agosto, no que ás 20h. ofrecerá un concerto de piano no Auditorio Julio Vázquez (entrada 10 euros). No seu repertorio incluirá música de Albéniz, Sakamoto, Ligeti, Hisaishi, Glass e Kanno.

Ademais, ao día seguinte, 18 de agosto impartirá un curso de interpretación pianística (de 9h. a 14h.). As persoas interesadas poden obter máis información e matricularse no teléfono 988 33 09 67.

Fabio Álvarez, que ten actuado en escenarios de relevancia internacional como o Carnegie Hall de Nova York, conta con tres discos publicados, o último deles é Mad Rush (IBS Classical, 2022) adicado a outro recoñecido compositor estadounidense, Philip Glass.

Artigos relacionados

Back to top button