Entre os participantes na Media Maratón Gran Bahía VigBay 2025 (Vigo, Nigrán, Baiona), que se celebraba neste domingo 6 de abril non faltaba unha representación valdeorresa do Club Adas Cupa.
Ademais estes atletas colleitaban tres podios: a valdeorresa Conchy Prada era a terceira clasificada en W45, mentres que Quique Estévez quedaba terceiro en M50 e Emilio Pérez lograba un segundo posto en M35. Tamén acudía á proba Pacho García, que nesta ocasión exercía de “lebre” de Conchy.
Fotos cedidas.