ConcellosManzanedaÚltima hora

Conclúen as obras de mellora do firme da estrada OU 0701 da Corredoira á estación de montaña, en Manzaneda

 

En cooperación coa brigada de vías e obras da Deputación de Ourens e o Concello de Manzaneda, veñen de finalizar as obras de “bacheo e mellora capa de rodaxe do firme asfáltico na estrada dende o entroque da estrada provincial OU 0701 na Corredoira cara a Estación de Montaña pasando por Paradela” ata o punto kilomético 10+067, onde remata a titularidade municipal do concello de Manzaneda e comeza a da Pobra de Trives.

Fixéronse actuacións de mellora de firme da capa de rodaxe con execución de dobre rega asfáltica en tramos continuos que se atopaban cun grao de deterioro máis elevado ou en curvas pechadas e pendente pronunciada, agravado polo deterioro do efecto da sal esparcida ano tras ano na época invernal. Tamén se procedeu ao bacheo de todos os baches illados que había na estrada e a tramos de bacheo con dobre rega asfáltica que sen presentar un tramo continuo si conformaron actuación de mellora maiores co bacheo asfáltico illado, segundo se informa dende o Concello.

 

 

“Estas actuación eran de elevada prioridade, tanto para o propio acceso ao núcleo de Paradela dende a Corredoira, como da mellora do acceso á estación invernal alomenos no tocante ao límites do concello de Manzaneda, agradecendo a existencia da cooperación, fórmulas e convenios supramunicipais coa entidade provincial Deputación de Ourense para tal efecto”, asegura Amable Fernández Basalo, alcalde de Manzaneda.

Imaxes cedidas.

 

Back to top button