ConcellosQuirogaÚltima hora

Concorrida degustación comentada dos aceites de Quiroga na Capela das Farrapas

 

Unha das novidades da 24ª Mostra do aceite de Quiroga, que se celebraba esta mañá en Bendilló, era unha cata comentada dos aceites deste certame na antiga Capela das Farrapas. A iniciativa tiña unha gran acollida e, de feito, organizábanse dúas quendas. Así, a primeira das sesións tiña lugar ás 12h. e nela explicábase a tradición olivareira da comarca de Quiroga e tamén as singularidades desta zona en canto a esta produción, que se mantivo ao longo dos séculos ata hoxe.

 

 

Despois ofrecíanse unha serie de indicacións para poder realizar unha cata de aceite para, deseguido, comenzar cos aceites da mostra. Cada degustación ía precedida da intervención do  seu produtor, quen comentaba o seu proxecto e tamén o tipo de elaboracións que se realizan. Despois, catábase.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button