Dende obxectos artesáns en madeira, coiro, metal ou tecidos, pinturas, pasando libros, xoguetes, e xabóns ata docería, pan, queixos, embutidos e licores. A praza do Príncipe do Barco acolle ao longo deste 1 de maio un amplo mercado de artesanía e gastronomía no marco da Festa dos Maios.

Numerosas persoas percorrían os seus case 30 postos, que tamén estarán abertos durante a tarde, ao longo da mañá. Non faltaban tampouco as demostracións, como é o caso de dalgunhas palilleiras.
Fotos: A.R.
