SanidadeÚltima hora

Conferencia do cardiólogo Juanatey sobre beneficios e límites do exercicio físico

Organiza o Colexio Oficial de Médicos de Ourense
A actividade vai enfocada a médicos, deportistas e cidadáns en xeral.
A actividade vai enfocada a médicos, deportistas e cidadáns en xeral.

O cardiólogo José Ramón González Juanatey ofrecerá esta tarde, xoves 12 de maio, unha conferencia no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense sobre os beneficios e os límites do exercicio físico. Será nun acto programado ás 20:00 horas e que vai dirixido á cidadanía en aberto. É unha actividade organizada polo Colexio Oficial de Médicos de Ourense.

Aproveitando a inminente chegada do bo tempo, as persoas vense invadidas por unha enerxía maior para practicar deporte. Neste senso, dende o Colexio Oficial de Médicos de Ourense matizan que, aínda que o risco cero “é imposible en calquera actividade humana, o deporte debe realizarse coas debidas precaucións de seguridade e cunha valoración cardiolóxica previa”.

Juanatey é catedrático de Cardioloxía da Universidade de Santiago e ex presidente da Sociedad Española de Cardiología. Actualmente é un dos máximos referentes nacionais e internacionais da Cardioloxía e enfocará a charla a colectivos como médicos, deportistas e cidadáns en xeral.

Artigos relacionados

Back to top button