
O salón de actos do Concello de San Xoán de Río acollerá o vindeiro xoves 13 de marzo ás 15h. a conferencia “A muller rural tamén entende de finanzas”, sobre saúde financeira e impartida por Elisa Fernández Ferreiro, educadora e consultora financeira.
“Nos entornos rurais as mulleres chegaron á independencia económica máis tarde que nas cidades, polo tanto detectamos que é necesario formar ás mulleres do rural nestos temas”, segundo sinala o Concello de San Xoán de Río.