OurenseÚltima hora

Constitúense as comisións informativas da Deputación de Ourense

Constitución da Comisión Informativa de Cooperación, Infraestructuras e Meido Rural presideda por Manuel Baltar.

Nesta mañá de 19 de xullo quedaban constituídas no Pazo Provincial as comisións informativas da Deputación de Ourense para o mandato 2019-2023. Estas reunións foron presididas polo titular da goberno provincial, Manuel Baltar.

Deste modo, a comisión informativa de Transparencia e Administración Provincial estará presidida polo deputado provincial Plácido Álvarez; a de Especial de Contas, Facenda e Economía, polo deputado José Miguel Caride; a de Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural, polo deputado Pablo Pérez; a de Reto Demográfico, Igualdade, Benestar e Emprego pola deputada barquense Luz Doporto; a de Termalismo, Turismo e Medio Ambiente pola deputada Ana Villarino; e a de Cultura, Deportes e Mocidade, pola deputada Patricia Torres.

Cada comisión está integrada por cinco representantes do Grupo Popular, tres do Grupo Socialista, un de Democracia Ourensana, un representante do BNG e unha de Ciudadanos. As xuntanzas das comisións celebraranse de xeito ordinario os mércores e xoves da semana anterior á de realización do pleno ordinario mensual.

Na xornada do mércores, que comezará ás 17.00 horas, será a quenda para as de Transparencia e Administración Provincial; Especial de Contas, Facenda e Economía; e Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural. Ao día seguinte, a partir das 17.00 horas, celebraranse as comisións informativas de Reto Demográfico, Igualdade, Benestar e Emprego; Termalismo, Turismo e Medio Ambiente; e Cultura, Deportes e Mocidade.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button