OurenseÚltima hora

Constitúese o Consorcio provincial contra incendios

O seu obxectivo é homoxeneizar o servizo e cubrir a totalidade do territorio ourensán
Participantes na constitución do Consorcio provincial contra incendios de Ourense.
Participantes na constitución do Consorcio provincial contra incendios de Ourense.

No Pazo Provincial constituíase na mañá do 31 de xullo o Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento. A orde do día do encontro incluía, ademais da creación deste organismo, as eleccións do presidente e do vicepresidente, o nomeamento de secretario e interventor, entre funcionarios dos entes consorciados e o informe sobre actuacións a seguir para a posta en funcionamento do consorcio. Tamén se decidía que a presidencia do ente sexa rotatoria, cada dous anos, correspondéndolle esta responsabilidade na primeira quenda, ata o 31 de xullo de 2017, ao presidente da Deputación de Ourense.

Este consorcio ten como obxectivo “homoxeneizar o servizo e cubrir todo o territorio da provincia de Ourense, así como traballar coordinados deputación e Xunta para seguir mellorando en eficacia e xestión este importante servizo a prol dos cidadáns”, tal e como explicaba o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

No vindeiro mes de setembro o consorcio celebrará unha nova reunión para abordar as cuestións xurídicas e, de seguido, as xuntanzas terán lugar mensualmente, “todo elo co horizonte posto no 1 de xaneiro de 2016 que será cando entre en pleno funcionamento”, sinalaba Baltar.

Artigos relacionados

Back to top button