PolíticaÚltima hora

Constituído o Partido dos Independentes de Quiroga

José Luis Rivera será o candidato á alcaldía de Independentes por Quiroga.

 

O partido posto en marcha polo ex-concelleiro, José Luís Rivera, Independentes por Quiroga, xa é unha realidade dende o 2 de febreiro, unha vez inscrito no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio de Interior.

Rivera anunciou de maneira oficial que concorrerá as eleccións do próximo mes de maio como cabeza de lista de IxQ, declarou estar “moi ilusionado” e “saír a por todas”.

Nas próximas semanas anunciará ás persoas que o acompañan na candidatura, todas elas coñecidas, con solvencia e preparadas para gobernar e darlle un cambio de rumbo a Quiroga.
Tamén están traballando nun programa electoral atractivo.

“Quiroga foi un referente e agora vai costa abaixo e sen freos” dixo Rivera, para finalizar “somos a única alternativa solvente de goberno”.

Artigos relacionados

Back to top button