Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Conta atrás para a XV Andaina Nocturna Os Mouchos, no Barco

A camiñata, con saída ás 23h. do 19 de xullo dende a praza do Concello, non chega aos 10 km e carece de desniveis

 

Cita nocturna co deporte. O vindeiro venres 19 de xullo, o Club Peña Trevinca Barco organizará a XV Andaina Nocturna Os Mouchos. “Concentrarémonos na porta de Concello do Barco desde as 22:30 onde se realizará a inscrición, entrega de dorsais e de pulseira fluorescente. O dorsal se devolverá a organización ao final para próximos anos”, explican dende a directiva do club, que contará coa colaboración do Concello nesta actividade.

O percorrido da andaina, polos arredores da vila, roza os 10 km e non ten desniveis (144+). “É unha proba para gozar, sen correr. Todo o que queira desfrutar dunha noite de compañeirismo, de sendeirismo, non poden perderse o evento”, animan dende o Club Peña Trevinca Barco.

As inscricións finalizarán ás 22:55h. e a saída da andaina está prevista para as 23h. Ademais, a organización indica que será obrigatorio levar chaleco, frontal/lanterna e vaso (non se entregará botellas) para beber auga en avituallamento.

 

Artigos relacionados

Back to top button