ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Contacontos ecopacifista e entrega de premios como broche dos Maios do Barco

 

Entre a maxia dos contos, da natureza e da imaxinación movíanse as historias que Anxo Mouro compartía co público barquense a partir das 18h. deste 1 de Maio. Traía ao Barco o seu espectáculo “O carballo con botas”, a historia dunha semente que medrou nunha bota e se converteu nun carballo. Un relato cheo de valores e de mensaxes para decarse do valor da natureza e coidar o entorno e o planeta.

 

 

Con esta actuación, dábase paso ás 19h. a un dos momentos máis emocionantes e esperados da Festa dos Maios no Barco. A entrega de premios, un acto que contaba coa presenza da concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, e do alcalde do Barco, Aurentino Alonso; así como coa dos concelleiros de Sanidade, Orlando Saavedra, e de Comercio, Alba Rodríguez.

 

 

Nese intre dábase a coñecer o fallo do xurado, formado por cinco persoas, desta edición e entregábanse os premios, que son os seguintes:

MAIO TRADICIONAL OU ENXEBRE

1º Premio de 350 € a ANPA Aturuxo Julio Gurriarán (41,5 puntos)
2º Premio de 300 € a CEIP Ramón Otero Pedrayo (39 puntos)
3º Premio de 200 € a ANPA Divina Pastora (38 puntos)
1º Accésit de 100 € a CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (31,5 puntos)

 

 

MAIO ARTÍSTICO OU FIGURATIVO

1º Premio de 350 € a CEIP Ramón Otero Pedrayo (38 puntos)
2º Premio de 300 € a ANPA CEIP Virxe do Camiño de Rubiá (34 puntos)
3º Premio de 200 € a ASFAVAL (33,5 puntos)
1º Accésit de 100 € a ANPA Aturuxo Julio Gurriarán (31,5 puntos)
2º Accésit de 100 € a CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (27,5 puntos)

 

 

COPLAS TRADICIONAIS

1º Premio de 250 € a Colexio Divina Pastora (40 puntos)
2º Premio de 150 € a ANPA Aturuxo Julio Gurriarán (39 puntos)
1º Accésit de 75 € a CEIP Ramón Otero Pedrayo (34,5 puntos)
2º Accésit de 75 € a CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (34,5 puntos)

 

 

Por outra banda, tamén se facía entrega do premio do “Voto Aberto”, no que o público podía elixir ao seu Maio favorito no posto instalado polo Barco CCA no recinto da feira. Desta volta, o premio ía para a ANPA CEIP Virxe do Camiño de Rubiá. O premio era entregado por Marlene Dobao, directiva do CCA.

A encargada de pechar o acto era a concelleira de Cultura do Barco, quen agradecía a participación nesta celebración dos Maios, así como a asistencia dos artesáns e produtores da mostra. Tamén se refería á actuación de Anxo Moure, “o noso Maio vivinte”, e convocaba aos asistentes para a vindeira celebración desta festa no 2026.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

Back to top button