OurenseÚltima hora

Continúa o Verán Cultural de Ourense con actuacións de clown e danza

O xoves, 20 de agosto, actuará Lanördika e o venres, día 21, será a quenda de Bucraá Circus

Publicidade
O espectáculo “El Gran Final”, de Bucraá Circus. / Foto: cedida.

 

A cidade de Ourense acollerá, esta semana, dúas novas citas coas artes escenicas dentro do seu “Verán Cultural”. Os espectáculos serán os días 20 e 21 de agosto, ás 20:30h na terraza do Auditorio.

O vindeiro xoves, 20 de agosto, actuará a compañía Lanördika co espectáculo “Rojo Estándar”. Esta obra de circo e danza ten un importante percorrido por numerosos escenarios de España e Europa e recibiu o premio ACA 2019 ao mellor espectáculo de circo petite, o Fetén e o Lorca 2018 ao mellor espectáculo de rúa. “Rojo Estándar” está dominada polo surrealismo e o uso das cores para marcar o ritmo.

 

O espectáculo “Rojo Estándar” de Lanördika. / Foto: cedida.

 

Ao día seguinte, o venres 21 de agosto, será a quenda da compañía Bucraá Circus que ofrecerán a súa obra “El Gran Final”, un espectáculo de clown contemporáneo e teatro xestual mudo que mergulla ao espectador no mundo do pallaso mediante unha estética coidada e clásica. “El Gran Final” narra o reencontro de dous pallasos que tiveron que separarase polo estalido dunha guerra civil, que interrompe a súa última función xusto antes do gran final.

Artigos relacionados

Back to top button