ConcellosParada de SilÚltima hora

Continúan as melloras nas aldeas de Parada de Sil

 

Co fin de dar resposta ás necesidades da veciñanza, o Concello de Parada de Sil vai realizar unha obra de mellora da capa de rodadura dende a Miranda a Forcas cun importe de 32.817,83 euros con cargo ó plan CooperOU da Deputación de Ourense.

Ademais da mellora da rodadura, colocáronse barandas de protección nunha ponte de madeira entendendo que estas están máis de acordo coa paisaxe e co medio natural da zona.

Tamén se acometía unha mellora importante e xa demandada pola veciñanza, no firme da aldea de Forcas, cunha superficie de 800 metros aproximadamente por un importe de 10.041,20. Feitos polos que o alcalde, Aquilino Domínguez, amosa a súa satisfacción, “ao mesmo tempo que recorda ás asociación de veciños que fagan chegar ao Concello as súas demandas para ver as que se poden satisfacer o vindeiro ano, dado que se está a rematar a elaboración do orzamento para a súa aprobación en pleno”.

Artigos relacionados

Back to top button