OurenseÚltima hora

Controis Covid da Policía Autonómica en 6 concellos da provincia na fin de semana

Un coche da Policía Autonómica.

 

Na pasada fin de semana (do 12 ao 14 de marzo) axentes da Policía Autonómica levaban a cabo 21 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes polo Covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 42 inspeccións en 8 concellos da provincia na pasada fin de semana, con 22 identificacións e a tramitación de 5 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 12 ao 14 de marzo a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 21 dispositivos nos municipios de Coles, Cortegada, Maceda, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, Padrenda e Xunqueira de Espadanedo.

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 35 concellos, nos que que se rexistraron 532 operativos cun total de 243 inspeccións, con máis de 137 persoas identificadas e 47 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias. Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Artigos relacionados

Back to top button