CarballedaConcellosÚltima hora

Controlado o incendio forestal de Casaio (Carballeda de Valdeorras)

Cedida

A Consellería do Medio Rural vén de comunicar que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, quedou controlado ás 18.20 horas de hoxe.

O lume iniciábase ás 06.16 horas de onte venres e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnicos, 9 axentes, 19 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 2 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Back to top button