En portadaÚltima hora

Controlados os incendios forestais de Grixoa (Viana) e de Barrio (Trives)

Incendio de Grixoa (Viana do Bolo)./ Imaxe:@BrifLaza.

 

Os incendios forestais que afectaban ás parroquias de Grixoa (Viana do Bolo) e de Barrio (A Pobra de Trives) están arestora controlados, segundo vén de informar a Consellería do Medio Rural.

Así o incendio de Grixoa, que comezaba ás 21:51h do sábado 27 de agosto, permanece controlado dende as 19:27h. desta tarde. Nos labores de extinción deste lume, que afecta a unha superficie dunhas 102 hectáreas, veñen traballando 1 técnico, 14 axentes, 38 brigadas, 23 motobomas, 2 pas, 3 avións e 9 helicópteros.

Ademais, o lume de Barrio (Trives), que se iniciaba onte ás 21:44h., está controlado dende as 15:49h. desta tarde. Na extición deste incendio, que afecta a unha superficie dunhas 20 hectáreas, veñen traballando 6 axentes, 18 brigadas, 10 motobombas e 1 helicóptero, segundo informa Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button